Ourol Informa

O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) vai a abrir próximamente o prazo para a solicitude de subvencións para o ano 2024 para:


a)       Proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares

b)       Proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares

 

BENEFICIARIOS:

a)       Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial

b)       Comunidades ou Mancomunidades de veciños.

c)       Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.

Ditas axudas serán en réxime de concorrencia non competitiva, as solicitudes de axuda presentadas en prazo tramitaranse e resolveranse por orde de entrada no rexistro ata esgotar o crédito.

 

A)    SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES DE USO TÉRMICO DESTINADAS A PARTICULARES

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:

a)       O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares térmicos, bomba de calor, caldeira de biomasa)

b)       Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema

c)       O custo de montaxe e conexionado.

d)       No caso de enerxía xeotérmica e hidrotermia, o sistema de captación do recurso, sondaxes, intercambiadores, acumuladores, tubos, etc.

CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS:

A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación.

Adicionalmente, dependendo da tipoloxía, establécese unha axuda máxima por vivenda: 8.000 € (Biomasa), 10.000 € (Xeotermia), 2.500 € (Aerotermia/Hidrotermia) e 2.000 € (Solar térmica)

En proxectos multivivenda, a contía máxima da axuda por proxecto será de 40.000 €

 

B)    SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA DESTINADAS A PARTICULARES

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:

a)       Os paneis solares fotovoltaicos.

b)       O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, protección, cableado, equipamentos de medidas, etc …), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc) e sistema de acumulación con baterías

c)       O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.

d)       O custo de montaxe e o conexionado, a dirección de obra.

e)       O IVE, cando non sexa recuperable

CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS:

A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación.

A contía máxima da axuda por proxecto multivivenda será de 25.000 €

Adicionalmente establécese unha axuda máxima por vivenda de 4.000 €. No caso de que o proxecto solicitado inclúa baterías de litio de potencia igual ou superior a 4 kWh incrementarase en 2.000 €.

PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica.
  • Inicio solicitudes: A partir do 16 de febreiro de 2024 ás 9:00 horas e rematará o 21 de marzo de 2024. ou ata esgotar o crédito.

INFORMACIÓN:

INEGA. DOG nº 29 do 9 de febreiro de 2024. Na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico: inega.info@xunta.gal No teléfono: 981-541500

Emprego 12-Febrero-2024 12:23