REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS:
- Posuir a nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da UE ou do espazo económico Europeo. - Ter menos de 36 anos, no momento de solicitar a axuda. - Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da solicitude. - Dispoñer duns ingresos anuais por parte das persoas que compoñen a unidade de convivencia iguais ou inferiores a tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). - Ter subscrito un contrato privado ou unha escritura pública de adquisición de vivenda con posterioridade a 31/10/2023. REQUISITOS DA VIVENDAS: Polo que respecta ás vivendas, estas deberán cumprir as seguintes condicións: - Estar emprazada nun concello de menos de 10.000 habitantes. - Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas. - O prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, será igual ou inferior a 120.000 €. - Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude. - Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufructuarias dalgunha vivenda en territorio español. AXUDAS: Os beneficiarios deste programa poderán acceder ás seguintes axudas: Subvención de ata 10.800 € por vivenda, co limite máximo do 20 % do prezo de adquisición da vivenda, PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Ata o 31 de outubro de 2024 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario. INFORMACIÓN: Resolución do 12 de febreiro de 2024 do Instituto Galego da Vivenda e Solo, DOG nº 31 de 13 de febreiro de 2024. Para máis información poden acudir ao Concello de Ourol a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en horario de 9:00 a 14:00 horas ou ben chamar ao teléfono 982-559109. |
Emprego 14-Febrero-2024 13:58
|