OFERTA EMPREGO CONCELLO DE OUROL 7 PEONS FORESTAIS. PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO 2023
Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de sete peons forestais a xornada parcial (75 %) no Concello de Ourol ao abeiro do programa de reforzo do emprego, incluído no Plan Provincial Único de Cooperación dos Concellos 2023 da Excma. Deputación Provincial de Lugo. Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción a xornada parcial (75 %) cunha duración de 6 meses. O prazo de presentación de instancias será en marzo e estará aberto desde o 18 ao 22 de marzo de 2024 (ambos inclusive) Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109. As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es |
Emprego 29-Febrero-2024 12:02
|