Ourol Informa
O vindeiro 8 de marzo, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Ourol organiza un taller e a exposición "SOBRE AS NOSAS CABEZAS". Esta exposición mostra imaxes de mulleres de diferentes países porteando nas súas cabezas. Unha imaxe típica galega, pero que tamén se pode ver noutras zonas do mundo como Cabo Verde, Brasil, Haití, República Dominicana, India...
A artista Cristina González, que asina a súa obra como Cristina Castro en honor ó lugar onde naceu, estará con nós para contarnos como xurde este proxecto que nace en Guinea Bissau e que a leva a profundar nesta imaxe de mulleres porteadoras desde un punto de vista sociolóxico e artístico.
Todos lembramos ás nosas avoas ou as nosas nais porteando productos do campo na súa cabeza para levar ás feiras ou ó mercado; facíano cunha destreza impresionante e sen perder nunca a carga, un traballo digno de admiración e que queremos poñer en valor desde o Concello de Ourol. Entrada gratuíta.
Invitamos a todas as persoas que queiran asistir á inauguración desta exposición o día 8 de marzo as 16:30 h na Biblioteca de Ourol.
Para o taller e necesaria a inscrición previa no tlf 982 55 91 09.


Archivos adjuntos:
Info General 05-Marzo-2024 12:29