Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de un Peon Forestal a xornada completa para o servizo denominado “Protección e Mantemento de Zonas Naturais” a través da subvención para o fomento do emprego no medio rural (APROL Rural) no Concello de Ourol. A duración do contrato é de 9 meses. Para poder optar a este posto de traballo hai que estar desempregado/a, non ocupado e dispoñible para o emprego, e inscrito no Servizo Público de Emprego, tanto no momento da selección como no da contratación. Só serán admitidos e poderán presentarse a este proceso selectivo os candidatos/as que figuren no listado que remita o Servizo Público de Emprego de Galicia de conformidade coa oferta de emprego presentada hoxe por este concello, non sendo admitido/a ningún outro/a candidato/a que non figure no citado listado. O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 29 de abril ata o 6 de maio de 2024 (ambos inclusive) Información: No Concello de Ourol através do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109. As bases están expostas no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ourol e poden consultarse no seguinte enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es |
Emprego 26-Abril-2024 12:23
|