INFÓRMASE
Que o vindeiro sábado día 11 de maio de 2024 disputarase un tramo do VI RALLYE MARIÑA LUCENSE no noso Concello. A Organización do evento ten previsto pechar ao tráfico de 8:45 a 17:30 horas as estradas afectadas pola devandita proba que son a LU-3801 "De Ourol hasta o Chao da Roca", “De Chao da Roca a Grandal", “De Grandal a Ponte de Grandal”, “De Ponte de Grandal a Muíños de Rei” e a LU-3803 "De Muíños de Rei a Viladóniga". Horario previsto de inicio de cada manga: 1ª pasada: 9:55 horas // 2ª pasada: 14:15 horas. Por motivos de seguridade, as estradas non se abrirán ao tráfico entre pasadas, pero como en anos anteriores facilitarase o acceso controlado aos veciños. Garantirase aos núcleos de poboación con acceso único desde as estradas afectadas, a chegada de medios de emerxencia, ambulancias, bombeiros,... en caso de que resulte precisa a súa intervención. |
Info General 07-Mayo-2024 10:45
|