29-Mayo-2024 12:02
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, convídavos este venres 31 de maio ás 12.30 horas a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre DENOMINACIÓN DE ORIXE, INDICACIÓNS XEOGRÁFICAS PROTEXIDAS E SELOS DE CALIDADE EN PRODUTOS ALIMENTICIOS
Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa, centro ou entidade que desexe participar unicamente ten que comunicalo a este correo electrónico e acceder este venres ás 12.30 na nosa web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma. (Igual vos pide a modo informativo un usuario e correo electrónico)
OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo
Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 093- 881 999 075