Ourol Informa
Este sábado día 15 teremos o Gran Premio San Roque de ciclismo.
Parroquias afectadas: Miñotos, Xerdiz. Ourol e Merille
A carreira chega ó noso concello por Rubeira (Chavín) a Santa Mariña, unha vez en Ferreira (Miñotos) pilla a LU 3801 dirección Carmen - Xerdiz - Ourol, unha vez no casco úrbano de Ourol pillará a LU 540 dirección Merille - Landrove.
A proba arrancará do polideportivo de Viveiro e chegará a Santa Mariña sobre as 16:20 horas, as estradas permanecerán cortadas un cuarto de hora; durante o paso dos ciclistas e a caravana que os acompaña.
Estradas afectadas:
LU 6202: Dende Chavín a ponte de Ferreira en Miñotos
LU 3801: Dende a ponte de Ferreira en Miñotos ó casco úrbano de Ourol
LU 540: Dende Ourol ata Viveiro
Rogamos precaución nestas estradas a tarde do sábado.

Protección Civil 12-Junio-2024 18:01