O Ministerio de Cultura convoca o convoca o programa Bono Cultural Joven 2024 para aquelas persoas novas que cumpran 18 anos en 2024 A axuda son 400 euros que se abonará en cartóns prepago personalizadas, para a adquisición dos produtos, servizos e actividades culturais das seguintes categorías: - Un máximo de 200 € para destinalo a artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais, que inclúe entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cine, museos, bens integrantes do patrimonio histórico español, bibliotecas, exposicións, festivais escénicos, literarios, musicais ou audiovisuais e espectáculos taurinos. - Un máximo de 100 € para produtos culturais en soporte físico, que inclúe libros, revistas, prensa e publicacións periódicas, videoxogos, partituras musicais, discos de vinilo, CD, DVD e Blu-ray. - Un máximo de 100 € para consumo dixital ou en liña, que inclúe subscricións e alugueres a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura, ou audiovisuais, compra de audiolibros, compra de libros dixitais, cancións ou álbums dixitais a través de plataformas de venda de música, subscrición para descarga de arquivos multimedia (podcasts), subscricións a videoxogos na nube ou en liña, e subscricións dixitais a prensa, revistas ou outras publicacións periódicas. O prazo para solicitar o Bono estará aberto até as 23:59 horas do 16 de setembro de 2024. As persoas interesadas en obter a axuda do Bono Cultural Joven de 2024 deberán presentar a súa solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos cumprimentando o formulario dispoñible na plataforma web https://bonoculturajoven.gob.es SERVIZO DE INFORMACIÓN XUVENIL CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE Dirección Xeral de Xuventude R/ Ramón Piñeiro, 17-19 baixo - 15702 Santiago de Compostela Telf. 8819976-06/07/05/09 - www.xuventude.xunta.es Archivos adjuntos: |
lnformación Xuvenil 17-Junio-2024 13:19
|