Programa de voluntariado ambiental interxeracional VAI 2024
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, xunto coa de Medio Ambiente e Cambio Climático, convocan, un ano máis, o programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional 2024 en 10 espazos naturais de Galicia. Nesta iniciativa, na que se realizan actividades que impulsan o respecto e o coidado do patrimonio natural galego, ofrécense 130 prazas e a participación é totalmente gratuíta. Nesta cuarta edición serán un total de 10 actuacións as que se levarán a cabo durante as fins de semana de xullo a setembro.
Están programadas accións no Parque Nacional das Illas Atlánticas (Illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada); nos parques naturais da Baixa Limia e Serra do Xurés, Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia, Fragas do Eume, e Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Os escenarios serán, polo tanto, 10 espazos naturais dos que compoñen o rico patrimonio natural de Galicia.
En cada unha delas, as actividades das persoas voluntarias participantes centraranse na preservación, limpeza e conservación destes espazos, eliminación de lixo de praias, rios e montes, sensibilización, coñecemento dos ecosistemas, visibilización mediática de rutas e análise de todas aquelas actuacións con posible incidencia no medio natural continental desde un punto de vista técnico, detectando os distintos efectos e/ou impactos ambientais. Ademáis o programa procura fomentar a cooperación e a solidariedade desinteresada desde unha perspectiva interxeracional.
Requisitos de participación -
Ter 18 anos cumpridos
-
Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
-
Cumprimentar o formulario de inscrición
Prazo de inscrición A inscrición comeza o 17 de xuño.
Para ampliar as posibilidades de participación das persoas interesadas, cada persoa voluntaria poderá anotarse en dúas accións como máximo. Se o grupo de persoas inscritas nunha actividade excede do máximo permitido para cada zona, a selección realizarase por rigorosa orde de inscrición.
https://voluntariadogalego.org/es/noticias/programa-de-voluntariado-ambiental-intergeneracional-vai-...