BENEFICIARIOS:
Persoas físicas propietarias, usufructuarias ou arrrendatarias de vivendas. ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES: Son actuacións subvencionables aquelas que se realicen en vivendas, que constitúan o domicilio habitual e permanente das persoas propietarias, usufructuarias ou arrendatarias no momento de solicitar a axuda, sempre que cumpran os seguintes requisitos: a) Conseguir unha reducción da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de, polo menos o 7 %; ou unha reducción do consumo de enerxía primaria non renovable de, polo menos un 30 %; ou no caso de actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica, adecuar as súas características aos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda. b) Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación e contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas non caso de que estas as requiran. c) As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020, nin estar finalizadas no momento da publicación desta convocatoria no DOG (11/07/2024) AXUDAS: O importe da subvención será do 40 % do custo da actuación, cun límite de 3.000 € por vivenda PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Ata o 13 de setembro de 2024 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario. INFORMACIÓN: Resolución do 3 de xullo de 2024 do Instituto Galego da Vivenda e Solo, DOG nº 134 de 11 de xullo de 2024. Para máis información poden acudir ao Concello de Ourol a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en horario de 9:00 a 14:00 horas ou ben chamar ao teléfono 982-559109. |
Emprego 11-Julio-2024 14:00
|