PROGRAMA DE AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN A NIVEL DE EDIFICIO NOMARCO DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILENCIA.
BENEFICIARIOS: As persoas propietarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda existentes. As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda. As persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código Civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal. ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES: As actuacións subvencionables deberán realizarse: - En vivendas unifamiliares ou edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda. (opción A). - En vivendas dun edificio de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, consideradas individualmente (opción B). Estas actuacións deberán acadar as dúas seguintes condicións: o Unha reducción do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 % respecto a situación actual do edificio, referida á certificación enerxética e, ademáis, unha reducción da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración da vivenda unifamiliar ou do edificio de, polo menos, un 35 % se están situados en xzonas climáticas D e E ou dun 25 % se están situados en zona climática C. o Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorización administrativas. As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020, nin estar finalizadas no momento da publicación desta convocatoria (11/07/2024) AXUDAS: A contía máxima da subvención que se concederá por edificio determinarase atendendo ao custo total das actuacións que se vaian a desenvolver e non poderá superar os límites resultantes seguintes: - No caso de vivendas unifamiliares, a cantidade obtida de multiplicar a % máxima da subvención polo custo das actuacións, ata o importe máximo por vivenda, establecidos na táboa que se achega como archivo adxunto en función do nivel de aforro en consumo de enerxía primaria non renovable conseguido mediante a actuación. Poderá concederse unha axuda adicional que poderá alcanzar ata o 100 % do custo da actuación imputable no caso de que a persoa propietaria ou usufructuaria se atope en situación de vulnerabilidade económica. PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Ata o 12 de agosto de 2024 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario. INFORMACIÓN: Resolución do 3 de xullo de 2024 do Instituto Galego da Vivenda e Solo, DOG nº 134 de 11 de xullo de 2024. Para máis información poden acudir ao Concello de Ourol a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en horario de 9:00 a 14:00 horas ou ben chamar ao teléfono 982-559109. Archivos adjuntos: |
Emprego 11-Julio-2024 14:02
|