REQUISITOS:
- Estar matriculado en segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación espcial para o curso 2024/2025. - Que tódolos membros da unidade familiar se encontren empadroados no Concello de Ourol, cunha antigüidade mínima de tres meses. En caso de custodia compartida, só se esixirá o requisito de empadroamento dun dos proxenitores e do fillo/a para o que solicita a axuda. - Atoparse ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), co Concello de Ourol e coa Seguridade social - Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.000 €uros (a renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia. Cando presentase declaración da renda sumarase a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible de aforro (460) e dividirase a contía resultante entre o número de membros computables. DOCUMENTACIÓN: - DNI da persoa solicitante e do resto de membros da unidade de convivencia con obriga de obtelo. - Libro de familia - Declaración da renda do exercicio 2023 ou certificado de imputacións do IRPF de tódolos membros computables da unidade de convivencia maiores de 18 anos. - Documentos acreditativos das circunstancias socio-persoais alegadas (discapacidade, desemprego, familia numerosa, familia monoparental, violencia de xénero) - Certificado de conta bancaria - Certificado de matrícula - Certificado de estar ó corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade social PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 18 de setembro de 2024 LUGAR DE PRESENTACIÓN: Departamento de Servizos Sociais O modelo de solicitude e a documentación requerida están tamén colgados na Sede Electrónica do Concello de Ourol no apartado de Anuncios. Para calquera dúbida ou aclaración pode chamar ó 982559109 ou ó 677489457 Archivos adjuntos: |
Servicios Sociales 28-Agosto-2024 10:51
|