O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación BUMEI, oferta varias actividades formativas a levar a cabo no ultimo trimestre do ano.
Estas actividades non teñen custo económico para as persoas participantes e levaranse a cabo nalgunha instalación municipal (Edificio Multiusos ou Casa da Cultura). - MOTIVACIÓN E AUTOESTIMA (ENTRE 2-4 HORAS) - FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS (Entre 10 e 40 HORAS) - CURSO DE CARRETILLERA (ENTRE 10 E 20 HORAS) Para a realización de calquera das actividades formativas debemos contar cun mínimo de 5 persoas. Unha vez feitos os grupos será cando se decidan as datas e horarios. Para anotarse en calquera das actividades formativas ou ter máis información poden contactar co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol 982559109/677489457 |
Servicios Sociales 02-Septiembre-2024 13:47
|