PLAN REACTIVA OURENSE BUSCA DE EMPREGO
“Plan ReActiva Ourense_Busca de Emprego”, trátase dun programa de acompañamento activo para a incorporación ao mercado laboral de persoas da provincia de Ourense en situación de desemprego, que conta co apoio da Deputación Provincial de Ourense. Levaranse a cabo un total de catro programas, os dous primeiros leváronse a cabo en maio e xuño, e o terceiro terá lugar do 23 ao 27 de setembro. A duración total é de 15 horas de formación conxunta en competencias e habilidades útiles para a procura de emprego, 1 hora de seguimento individualizado por participante, de xeito 100% online a través da plataforma Zoom, e unha xornada presencial de dúas horas de duración. Para o desenvolvemento das sesións online accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet. O obxectivo fundamental é apoiar a persoas desempregadas da provincia de Ourense, deseñarase un itinerario formativo dotando ás participantes das habilidades, coñecementos e ferramentas, tanto a nivel laboral como persoal e social que lle permitan acercarse ás empresas con confianza, tranquilidade, autonomía e independencia na busca activa de emprego co obxectivo de favorecer as posibilidades de inserción laboral e desenvolverse mellor nun entorno competitivo. A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orden de solicitude. Pode realizar a súa inscrición abrindo o seguinte enlace: https://forms.gle/tEHxa6efz4BKe6di9 Archivos adjuntos: |
Información Xeral 16-Septiembre-2024 17:19
|