Ourol Informa

AXUDAS DE TRANSPORTE AO ALUMNADO DO CONCELLO DE OUROL QUE REALICE ESTUDOS FORA DO TERMO MUNICIPAL (CURSO ACADÉMICO 2023-2024)

BENEFICIARIOS:

Mozos do concello de Ourol que estean cursando Bacharelato ou algunha modalidade de ciclos formativos de grao medio ou superior e graos, masters, teses ou doutorados universitarios, agás os realizados na modalidade de formación a distancia ou online.

Quedas excluídos destas axudas aqueles estudantes que puideron ser solicitantes da “Tarxeta Xente Nova” da Xunta de Galicia, durante o Curso 2023-2024.

Aqueles estudantes que, por causa da idade se viran excluídos durante o Curso 2023-2024, do ámbito de aplicación da “Tarxeta Xente Nova”, poderán solicitar estas axudas, polos meses do Curso que se viran excluídos, (considerarase que o Curso vai dente setembro a xullo).

REQUISITOS:

- Estar empadroado no Concello de Ourol
- Figurar matriculado no curso académico 2023-2024 en centros de ensinanza financiados con fondos públicos nos que se cursen os estudos relacionados.

TIPO DE AXUDAS:

Segundo a kilometraxe na que estea incluído con arranxo aso seguintes criterios:
- De 1 Km a 15 Km ........................ 100 €
- De 15 Km a 50 Km .......................150 €
- De 50 Km a 175 Km .....................200 €
- De máis de 175 Km ..................... 250 €

Aqueles estudantes que cumpran os requisitos da base 3ª e cursen estudos fora de Galicia, poderán ser beneficiarios/as dunha axuda única de  trescentos euros (300,00 €)


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 07 de outubro de 2024

DOCUMENTACION A APORTAR:

- Modelo de solicitude debidamente cumprimentada e asinada polo/a interesado/a (se é menor de idade, polo seu pai, nai ou titor)
- Fotocopia do DNI do/a solicitante debidamente cotexado co seu orixinal.
- Certificación bancaria da conta corrente do interesado

Xustificación para o cobro da axuda:


1.- Para os alumnos universitarios:
1.1.- Fotocopia da matrícula cotexada co seu orixinal.
1.2.- Extracto do expediente universitario ou certificación do centro académico de terse  presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula do curso 2023-2024.
1.3.- Documentación que acredite a localidade onde se están a cursar os estudos

2.- Para os alumnos/as de Bacharelato ou Formación Profesional:
2.1- Fotocopia cotexada do boletín de cualificación ou certificación académica expedida polo centro ou certificación do centro de terse presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula no curso 2023-2024.


INFORMA:

Bases reguladoras publicadas no BOP nº 219 de data de 20/09/2024

Concello de Ourol en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109
O modelo de solicitude atópase a disposición dos interesados/as na sede electronica do concello de Ourol (https://concellodeourol.sedelectronica.es)


Archivos adjuntos:
Info General 20-Septiembre-2024 09:16