Dende o Concello de Ourol estase a organizar un Encontro de Maiores para Persoas Maiores de máis de 55 anos empadroadas no Concello de Ourol, que terá lugar o domingo 27 de outubro no Restaurante Louzao (Viveiro). Este encontro consistirá nunha COMIDA amenizada con música en directo e sorteo sorpresa.
Poderán acudir os cónxuxes ou parellas que non estén empadroadas aboando o importe da comida e recollendo a súa entrada no departamento de Servizos Sociais. As persoas dependentes poderán acudir con un acompañante. Lugar: Restaurante Louzao (Area- Viveiro) Día: 27 de outubro de 2024 Hora: 14:00 h. Prezo: Gratuito (persoas empadroadas) Data límite para anotarse: 24 de outubro de 2024 Lugar para a recollida de entradas: Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol. Archivos adjuntos: |
Servicios Sociales 24-Septiembre-2024 10:55
|