VENRES DE CONSUMO RESPONDE 11 DE OUTUBRO ÁS 12:30 HORAS: VOLTA Ó COLE
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Este venres 11 de outubro ás 12.30 celebrarase a través da aula virtual de consumo unha actividade na que daremos uns pequenos consellos para aprender sobre Volta ao cole Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderase a todas as dúbidas que suxan en materia de consumo. Toda aquela persoa ou entidade que desexe participar, unicamente ten que acceder este venres ás 12.30 na nosa web. Para participar: 1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl 2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO 3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma. OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador" 4º.- UNIRSE Á REUNIÓN Escola Galega do Consumo Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo. 15707 Santiago de Compostela Teléfono: 881 999 093- 881 999 075 Archivos adjuntos: |
Información Xeral 08-Octubre-2024 14:19
|