Volver a la lista

UNIDADE TERAPEUTICA PARA PERSOAS CON DETERIORO COGNITIVO, ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS

Servicios Sociales

13-Noviembre-2024 10:35

O pasado mes de maio púxose en funcionamente unha UNIDADE TERAPEUTICA PARA PERSOAS CON  DETERIORO COGNITIVO, ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS no Concello de Ourol. Este servizo desenvólvese en colaboración coa Asociación de familiares de persoas con Alzheimer e outras demencias de Viveiro e pode facerse uso do mesmo de forma gratuita.

LUGAR: Edificio Multiusos do Concello

DÍA: MARTES (1 DÍA á SEMANA)

HORARIO: 16:00-19:00 H (3 HORAS)

CUSTE PARA A PERSOA: GRATUITO

Para o seu desenvolvemento contase con persoal especializado (traballadora social/educadora social e auxiliar de enfermería) pertencentes á Asociación de Familiares de persoas con alzheimer e con outras demencias de Viveiro.

Con este recurso quérese dar resposta a un doble obxectivo.

- Proporcionar un recurso de respiro familiar para as persoas coidadoras.

- Manter as capacidades físicas e mentais das persoas beneficiarias e frear na medida do posible o proceso de deterioro.


Todas aquelas persoas interesadas neste servizo poden poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais do Concello ou nos teléfonos (982559109/ 677489457)