O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo (BUMEI) e no marco da programación da actividades polo 25N "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres", está a organizar un Obradoiro no que se traballarán diferente contidos relacionados co empoderamento feminino.
O obxectivo desta actividade é o de contribuir a mellorar o autoconcepto, a autoestima e o sentimento de autoeficacia nas mulleres. Para poder levarse a cabo esta actividade é necesario contar cun grupo mínimo de 5 mulleres. Día: 28 de Novembro Lugar: Edificio Multiusos do Concello de Ourol Hora: 10:00-12:00 Para anotarse poden poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (98559109/677489457) ou no teléfono da Asociación Bumei (609837645) Archivos adjuntos: |
Servicios Sociales 15-Noviembre-2024 09:19
|