PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL DO IMSERSO: NOVO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NA TEMPADA 2024-2025
Finalizado o prazo ordinario de presentación de solicitudes que, para a tempada 2024-2025, estendeuse, do 1 ao 22 de xullo de 2024, o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) informa que desde o mércores 13 de novembro de 2024 permanecerá aberto, aproximadamente ata o mes de maio de 2025, un novo prazo de presentación para participar no Programa de Turismo para persoas maiores que xestiona este Instituto. As persoas interesadas que non estean dadas de alta e que cumpran cos requisitos legais de participación, deberán cubrir a solicitude e presentala por calquera dos medios previstos na Orde SCB/926/2018, do 10 de setembro, pola que se regula o Programa de Turismo do Imserso. Para máis información ou formalización de solicitudes poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982559109/677489457) Archivos adjuntos: |
Servicios Sociales 18-Noviembre-2024 08:47
|