Volver a la lista

VI ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Servicios Sociales

18-Noviembre-2024 14:18

Imagen de evento

Con motivo do 25 Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Ourol organiza un ano máis a Andaina contra a Violencia de Xénero. Esta actividade ten como obxectivo sensibilizar á poboación sobre o problema mundial que representa a violencia contra as mulleres e concienciar tanto a mulleres coma homes da importancia de que todas as persoas aunamos forzas para rematar con esta lacra da sociedade que remata coa vida de tantas mulleres cada ano. 
DÍA: LUNS, 25 DE NOVEMBRO DE 2024

HORA: 12:30 H
LUGAR: PASEO DA REGA (OUROL)