Lousame Informa
ANDAINA SOLIDARIA

A Andaina Solidaria e o Belén de Cumes terán lugar o sábado 14 de decembro entre Iroite e Camboño

O Concello de Lousame abre as INSCRICIÓNS na Andaina Solidaria / Belén de Cumes 2024, que terá lugar o sábado 14 de decembro. As persoas que desexen participar xa poden anotarse na web https://eventos.emesports.es/inscripcion/andaina-solidaria-e-belen-de-cumes-1/inscripcion_datos/ por unha cota de 6€, que serán destinados ás persoas damnificadas pola DINA de Valencia.
A andaina estrea percorrido: monte Iroite-Camboño. Terá lugar o sábado 14 de decembro, con saída ás 10:00 horas da praza do Concello de Lousame en autobús cara a estación DECCA do Monte Iroite, onde comezará unha andaina de 10 quilómetros ata a capela da Nosa Señora da Gorgosa (Camboño), onde se procederá a montar o tradicional Belén de Cumes (un típico Nacemento con figuras de gran tamaño que cada ano se adoita montar nunha igrexa do municipio e que queda aló para a súa contemplación pola veciñanza desa parroquia durante o Nadal).

A chegada está prevista para as 13:00 horas e, tras degustar un chocolate con churros amenizado con panxoliñas mentres se monta o Belén, retornarase en autobús á praza do Concello.

As INSCRICIÓNS estarán abertas ata as 23:59 horas do mércores 11 de decembro en https://eventos.emesports.es/inscripcion/andaina-solidaria-e-belen-de-cumes-1/inscripcion_datos/. O prezo é de 6 euros (menores de 10 anos, anotacións gratuíta) e todo o recadado será doado a favor dos damnificados pola DINA de Valencia.

O evento está organizado polo Concello de Lousame e conta coa colaboración da Cruz Vermella de Noia, Protección Civil de Lousame, Autos Comparado e a rede de voluntariado de Lousame.


Archivos adjuntos:
DEPORTES 05-Diciembre-2024 13:48