Volver a la lista

OFERTA DE EMPREGO CONCELLO DE OUROL (1 AUXILIAR DE FOGAR (XORNADA COMPLETA) E 1 AUXILIAR DE FOGAR (XORNADA PARCIAL (75 %))

Emprego

09-Enero-2025 12:38


Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante oposición de dous/dúas auxiliares de fogar (unha a xornada completa e outra a xornada parcial (75 %))

Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción e a súa duración será de 6 meses.

O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 13 ao 17 de xaneiro de 2025 (ambos inclusive)

Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es