Volver a la lista

RECOLLIDA DE SINATURAS PARA DEMANDAR A COBERTURA DE XEITO INMEDIATO DE TODAS AS AUSENCIAS DE PERSOAL FACULTATIVO DE XEITO ESTABLE NO CENTRO DE SAÚDE DE OUROL

Info General

16-Enero-2025 11:57

Informase a todos os veciños e veciñas de Ourol que nas oficinas do Concello de Ourol e nas oficinas da Casa da Cultura de Ourol, xa están a disposición de todas as personas interesadas follas para a sinatura para demandar que de xeito inmediato se cubran todas as ausencias do persoal facultativo no Centro de Saúde de Ourol; pois a non cobertura de xeito estable (mesma persoa) todos os días e durante toda a quenda, supón unha disminución na atención sanitaria no noso Concello.
É importante que consigamos o maior número posible de sinaturas posto que todas as sinaturas recollidas serán remitidas á Xerencia da Área Sanitaria Lugo- A Mariña- Monforte de Lemos; para demandar que solucionen o problema de atención sanitaria que estamos sufrindo actualmente no Centro de Saúde de Ourol.

Adjuntos: