22-Enero-2025 09:53
No DOG n.º 8 de 14 de xaneiro de 2025, saíu publicada Resolución de 30 de decembro de 2024 do Instituto Galego da Vivenda e Solo pola que se procede á convocatoria das axudas para a adquisición de vivienda en concellos con poboación residente igual ou inferior a 10.000, casco histórico e vivenda protexida (código de procedimento VI501A).
A) Axudas para vivendas con menos de 10.000 habitantes:
- Persoas solicitantes: As persoas que adquirisen a súa vivenda con posterioridade a 31 de outubro de 2024 con contrato privado ou escritura pública de adquisición de vivenda.
- Requisitos das persoas beneficiarias:
- Maiores de idade que, tendo menos de 36 anos na data da solicitude, ou de formalización do contrato, posuan a nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da UE, no caso de ser estranxeiras, ter a residencia legal en España.
- Que os ingresos anuais das persoas que componen a unidade de convivencia sexan iguales ou inferiores a tres veces o IPREM. Este pode ser de catro ou cinco veces o IPREM para familias numerosas ou con persoas con discapacidade.
- Que a vivenda estea localizada nin concello pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 10.000 habitantes.
- Que o prezo de adquisición da vivenda, incluidos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentas a ela, sexa igual ou inferior a cento vinte mil euros.
- Que se trate dunha vivenda xa construida.
- Que a persoa solicitante e as demáis persoas da unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida momento da presentación da solicitude e non sexan titulares doutra vivenda.
- Contía: A contía da axuda para a adquisición será de ata 10.800 euros por vivenda, co límite do 20% do prezo da vivenda, sen incluir os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.
- Prazo de presentación de solicitudes: Comezará o 27 de xaneiro de 2025 e rematará o 15 de outubro de 2025 ata que o crédito esgótese.
Enlace (DOG páxina 3311 ) : https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/2025/20250114/Secciones1_gl.h...