22-Enero-2025 09:55
Con data 17 de xaneiro de 2025, publicouse no DOGA N.º11 Orde de 27 de decembro de 2024 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e á formación de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR349F).
Requisitos xerais:
-Ser galego/a e nacida/o en Galicia, acreditar ou ter relación filial, conxugal ou análoga, estar en posesión da nacionalidade española e estar vinculado a un concello galego no padrón de residentes no exterior antes do retorno, estar empadroada nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos particulares:
- Que as persoas contratadas sexan desempregadas.
- Que as contratacións se realicen dentro do período subvencionable, que comprende dende o 1 de outubro de 2024 e ata o 30 de setembro de 2025, ambas datas incluidas.
- Que as contratacións teñan lugar con anterioridade ó mesmo día da solicitude de axudas.
- Que estén comunicadas ao Servizo Público de Emprego, a través da aplicación Contrat@ no prazo de 10 días hábiles dende o seu inicio.
Persoas beneficiarias:
Por esta orde, as persoas traballadoras autónomas o as persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.
Importes das axudas: 7.000,00€. primeira persoa traballadora, incrementándose ata 9.000,00€ no caso de que a persoa contratada pertenza a algún colectivo protexido, 9.000,00 para a segunda contratación, incrementándose para o caso que a persoa contratada pertenza a algún colectivo protexido. En calquera caso poderanse incrementar ata un 15% a maiores acumulables entre si, cumprindo determinados requisitos.
Prazo: 24/01/2025 ata 30/09/2025
Obrigas: a persoa beneficiaria deberá mantener na súa plantixa á persoa traballadora contratada por un tiempo mínimo de treinta e seis meses, no caso de baixa deberase substituir por outra coas mesmas condicións.
Enlace (DOG páxina 4283 ) : https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/2025/20250117/Secciones1_gl.h...