22-Enero-2025 09:58
Con data 17 de xaneiro de 2025, saíu publicado no DOG nº11, Orde de 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento TR341D, TR790A, TR341Q, TR353D y TR341R).
a) Programa I: Promoción do Emprego Autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341D), destinado a apoiar ás persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial como persoas traballadoras autónomas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027. Prazo solicitude: 24/01/25 ate 30/09/25.
b) Programa II: Nova Oportunidade das persoas traballadoras autónomas (TR790A), destinado a facilitar a volta á actividade económica da persoa traballadora autónoma que non tivo éxito no seu anterior intento. Prazo solicitude: 24/01/25 ata 30/09/25.
c) Programa III: Bono das persoas traballadoras autónomas (TR341Q), destinado a apoiar a consolidación de proxectos que superaron nos 42 meses de vida, o obxecto de mellorar a súa competitividade. Prazo solicitude 24/01/25 ata 30/09/25.
d) Programa IV: Bono Remuda das persoas traballadoras autónomas (TR353D), destinado a evitar o peche de negocios por falta de relevo xeracional. Prazo solicitude 24/01/2025 ate 30/09/2025.
e) Programa V: Axudas á conciliación das persoas traballadoras autónomas (TR341R), destinado a apoiar e promover a conciliación das persoas traballadoras autónomas. Prazo solicitude 24/01/2025 ate 30/09/2025.
Enlace (DOG páxina 4488): https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/2025/20250117/Secciones1_gl.h...