22-Enero-2025 10:00
Con data 15 de xaneiro de 2025, saíu publicada no DOGA n.º 9 Orde de 30 de decembro de 2024 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (código de procedemento PR487A).
1.-Beneficiarios.- Asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas, debidamente inscritas no rexistro público correspondiente e asociacións de mulleres rurais de Galicia.
2.-Obxecto e liña de axudas:
Liña 1.- As obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais en que a entidade veciñal ou de mulleres rurais desenvolva a súa actividade e as obras de mellora, reforma.
Liña 2.- Adquisición de equipamentos básicos dos locais, necesarios para o funcionamento ordinario da entidade, integrado por mobiliario, equipamentos de oficina, equipamento informático ou equipamento acústico e audiovisual.
3.-Importe das axudas:
Poderá comprender a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras (liña 1) e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos (liña 2).
4.-Forma e prazo presentación das solicitudes:
De forma electrónica ata o 17 de febreiro 2025
Enlace: (DOG páxina 3458): https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/2025/20250115/Secciones1_gl.h...