22-Enero-2025 10:03
No DOG nº 12 de 20/01/2025 o INSTITUTO GALLEGO DE LA VIVIENDA Y SUELO publicou a RESOLUCIÓN de 30 de decembro de 2024 pola que se convoca oPrograma de axudas ás actuacións de rehabilitación e renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Caminos de Santiago e da Ribeira Sacra para o ano 2025 (código de procedimento VI408Q).
Beneficiarios: As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal. As agrupacións de persoas propietarias. As persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de edificios ou vivendas.
Requisitos:
- Estar en posesión da cualificación definitiva das obras
- Vivendas unifamiliares rematadas antes de 2006
- O 50% da superficie construída sobre resante teña uso residencial.
- Licencia municipal de obras ou comunicación previa.
- Proxecto de ejecución ou memoria técnica asinada por técnico competente.
- As obras non poderán estar iniciadas antes do 1/01/2025
Actuacións subvencionables (artigo sexto da citada Resolución)
• As actuacións de rehabilitación que teñan por obxecto:
- Actuacións destinadas a garantir a seguridade.
- Actuacións destinadas a garantir a protección frente a agua e humidade
- Actuacións destinadas a garantir as condicións de salubridade da vivenda
- Actuacións destinadas a adecuar, total ou parcialmente, á normativa vixente as instalación dos edificios e vivendas.
- Actuacións detinadas a mellorala protección frente ao ruido.
- Actuacións destinadas a garantir que as edificacións cumplan as condicións de ornato público, adecuación ao entorno e protección do patrimonio cultural e paisaxístico.
- Obras para mellorar as condicións de accesibilidade dos edificios e accesos a vivendas e locais.
• Actuacións de renovación que teñan por obxecto a construcción de edificios e vivenda ou vivendas de nova construcción, en sustitución de edificios ou vivendas previamente demolidos.
Contía de subvención: entre o 50%-75% ata 12.000 €
Prazo: dende o 27 de xaneiro ó 27 de Febreiro 2025
Enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250120/AnuncioC3Q2-080125-0005_gl.html