29-Enero-2025 14:16
A AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL publicou no DOG Nº 19 DO 29/01/2025 a RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas e se anuncia a convocatoria para o ano 2025, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR708A).
Obxecto:
1-Establecer as bases reguladoras das subvencións a proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, co fin de reforzar o tecido produtivo empresarial nas zonas rurais de Galicia mediante o apoio á adquisición de bens de equipamento inherentes á actividade empresarial que están desenvolvendo as empresas existentes, co fin de mellorar, ampliar ou modernizar as súas estruturas de produción e/ou servizos, e convocar as correspondentes ao ano 2025.
2. As axudas consisten en subvencións directas de capital.
Beneficiarios/as:
- As pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2024.
- Empresas que NON incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 31 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operación comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 €.
- Empresas que no momento de formular a proposta de resolución da axuda estean ao día nas débedas coas distintas administracións públicas: AEAT, Seguridade Social e Consellería de Facenda e Administración Pública.
- Empresas que conten cos permisos/licenzas administrativas preceptivas e cos rexistros pertinentes.
Proxectos subvencionables:
Proxectos subvencionables
a) Adquisición de bens de equipamento co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:
1º. Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais
2º. Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 100.000 €.
3º. Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos agrícolas e forestais, e das empresas de servizos enerxéticos, así como das empresas que presten servizos nos sectores de hostelaría (incluíndo todo tipo de empresas de aloxamento turístico), hostalaría e restauración).
4º. Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola...).
5º. Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
6º. Artesanía e actividades artesanais.
7º. Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
8º. Comercio polo miúdo.
-As solicitudes tramitaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia co procedemento MR708A.
Máis información no enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250129/AnuncioO90-261224-0001_gl.html