Volver a la lista

ACTO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Info General

27-Febrero-2025 09:59

Imagen de evento


Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Ourol invita a toda a veciñanza a participar no acto conmemorativo que terá lugar o día 7 de marzo no Edificio Multiusos ás 12:15h.

Este acto consistirá na lectura da Declaración Institucional aprobada pola FEGAMP, baixo o lema “Dereitos, Igualdade e Apoderamento. Para todas as mulleres e nenas en toda a súa diversidade”, facendo un chamamento á ACCIÓN para acadar a igualdade de dereitos e oportunidades para todas as mulleres.

Así mesmo, teremos instalado un Photocall para que, todas aquelas persoas que o desexen, participen sacando unha foto con unha mensaxe pola Igualdade. As fotos iranse subindo ás redes sociais do Concello durante o mes de marzo co fin de lanzar unha mensaxe de unión e concienciación á poboación en calquer acción que promova valores de igualdade e respeto entre mulleres e homes. 

Durante toda esta semana podedes participar na campaña de sensibilización pola igualdade, enviando por whatsapp as vosas  " frases que promovan a igualdade". (677489457/608694051)