Volver a la lista

INTRODUCIÓN Á ESCRITA CREATIVA CON GISELE MATO

Cultura e deportes

27-Febrero-2025 20:16

Imagen de evento

Baixo a denominación “Introdución á escrita creativa”, a BPM de Brión vai organizar unha actividade que ofrecerá un espazo de aprendizaxe e experimentación no que as persoas interesadas en escribir poden mellorar as súas habilidades, compartir e recibir comentarios das súas creacións literarias.

DATA: venres, 21 de marzo
HORA: 20:00 h. (duración aprox. 90 min.)
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura de Brión)

O obradoiro será impartido por Gisele Mato, psicóloga e escritora, que comezou a escribir dende moi nova, acadando coa súa obra recoñecementos como o Premio de Poesía Pérez Parallé en 2022 ou o Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía en 2024.

Actividade de balde. Inscrición previa en https://forms.gle/hHJXz6HpCAMYJZQT6

Máis información en https://bibliotecadebrion.blogspot.com/2025/02/introcucion-escrita-creativa-un.html