06-Marzo-2025 14:12
FINALIDADE DA SUBVENCIÓN:
Contribuir a que as vivendas familiares xestiones de forma axeitada as súas augas residuais domésticas a través dunha solución de saneamento autónomo
REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS:
- Poderán ser beneficiarias desta subvención as persoas físicas que deban figurar como titulares dunha autorización de vertedura dun sistema de depuración autónomo dunha vivenda unifamiliar situado no ámbito territorial da demarcación hidrográfia Galicia Costa
- Cumprir os requisitos recollidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
- Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
- Os solicitantes desta subvención deberán contar coa autorización de vertedura ou co xustificante de ter solicitado a dita autorización con anterioridade á xustificación da subvención
- A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo en que se pretenda instalar o sistema de saneamento autónomo
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:
Serán subvencionables os investimentos realizados desde a data de publicación desta convocatoria de subvencións destinados á instalación de sistemas de saneamento autónomo que cumpran os seguintes requisitos:
- Que os sistemas de saneamento autónomo que se van instalar se sitúen no ámbito territorial da demarcación hidrográfica de Galicia Costa
- Que as aguas residuais procedan de vivendas unifamiliares
- Que os rendementos de depuración que se van a acadar coas instalación de depuración ou as porcentaxes mínimas de redución, cumpran os seguintes valores, ben referidos ao límite de parámetros ou ben referidos á porcentaxe mínima de redución, alternativos sexan os establecidos na Resolución do 13 de febreiro de 2025.
- Que o volume de almacenamento total sexa igual ou maior a dous metros cúbicos e que teñan como mínimo dúas cámaras
- Que, cando resulte exixible para a obtención da autorización de vertedura, o sistema dispoña do preceptivo marcado CE conforme coa norma UNE-EN 12566, ou norma que no futuro a substitúa
- Que a vertedura se produza por infiltración no terreo mediante un sistema de evacuación soterrado
- Que non se instalen a menos de 20 m dunha captación subterránea
Todas as actuacións deberán contar, sempre e en todo caso, coa comunicación previa ou, de ser necesaria, coa correspondente licenza municipal
IMPORTE DAS AXUDAS:
O importe das subvencións será do 100% do investimento da actuación proposta, ata esgotar o crédito da convocatoria e co límite de 4.000 € por vivenda unifamiliar
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:
O prazo comeza o 6 de marzo (as 9:00 horas) e remata o 7 de abril (as 14:00 horas) de 2025
INFORMACIÓN:
Resolución do 13 de febreiro de 2025 de Augas de Galicia, DOG nº 39, de mércores 26 de febreiro de 2025
Para máis información poden chamar ao teléfono 981 544987 Augas de Galicia