07-Marzo-2025 09:50
Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de cinco peons forestais e de un/unha peon pintor a xornada parcial (75 %) no Concello de Ourol ao abeiro do Programa de Reforzo do Emprego, incluído no Plan Deputación de Cooperación dos Concellos 2024 da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción a xornada parcial (75 %) cunha duración de 5 meses.
O prazo de presentación de instancias para ámbolos dous procesos estará aberto desde o 24 ao 28 de marzo de 2025 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases dos dous procesos están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es así como na páxina web da Deputación Provincial de Lugo.