Volver a la lista

FESTIVAL DO CINE GALEGO

Cultura e Deportes

13-Marzo-2025 13:16

Imagen de evento

O Centro Social Polivalente do Concello de Brión acollerá os vindeiros 4 e 5 de abril a terceira edición do Festival O TREMO. Un certame, organizado polo Concello de Brion e Aldea Producións, que ano a ano pon en valor o presente do audiovisual galego que está a atravesar unha época exitosa e prolífica.

VENRES 4 DE ABRIL
11:00h. Proxeción do filme: AS NEVES. Pase privado para alumnado do IES BRIÓN. Charla con Sonia Méndez (directora), Andrea Varela e David Fernández (protagonistas).
21:00h. Proxeción do filme: AS NEVES. Charla con Sonia Méndez (directora), Andrea Varela e David Fernández (protagonistas).

SÁBADO 5 DE ABRIL
18:00h. Proxección do filme: + CUÑADOS. Charla con Luis Avilés (director), Mela Casal e Federico Pérez (protagonista).
21:00h. Proxección do filme: + CUÑADOS. Charla con Luis Avilés (director), Mela Casal e Federico Pérez (protagonista).
Ao igual que en edicións anteriores haberá música, tapeo e invitados. Ampliaremos información en breve.

CONTACTO
Teléfono da organización: 649 80 89 03

LOCALIDADES
Entradas limitadas previa reserva en billeteira.concellodebrion.gal

Mais información na seguinte ligazón: https://i.gal/46wWT