24-Marzo-2025 10:01
Dende o Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, vaise a levar a cabo un CURSO DE PREVENCIÓN DE INFECCIÓNS E USO DOS ANTIBIÓTICOS. Esta actividade vaise a realizar no Edificio Multiusos do Concello o día 3 de ABRIL (XOVES) ás 17:00 horas.
Todas aquelas persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol , chamando ós teléfonos 982559109/677489457 ou a través do seguinte enlace da Escola Galega de Saúde https://extranet.sergas.es/FEWEB/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?IdPaxina=70512&idioma=ga