07-Abril-2025 14:05
O concello de Ourol, no marco do Acordo de colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade coa Federación Galega de Municipios e Provincias, organiza un curso de Defensa persoal feminina dirixido a mulleres e mozas.
Levarase a cabo o día 26 de abril (sábado) ás 10:00 h. no Centro Social de Merille.
A este curso poden asistir todas as mulleres maiores de 18 anos independentemente da súa condición física. Trataranse contidos tanto teóricos como prácticos que axuden non só a defenderse senon a identificar sinais de perigo e actuar de xeito preventivo para lograr anticiparse e evitar unha situación de risco.
O curso impartirase por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita.
Para anotarte podes chamar ó Departamento de Servizos Sociasi (982559109/ 677489457)