02-Abril-2025 15:12
Dende primeira hora de esta tarde, mércores 2 de abril, chega ó noso concello a borrasca Nuria, que traera tormentas fortes; con aparato eléctrico (raios) e tamen choivas intensas que poden vir acompañadas de granizo.
Este episodio de mal tempo prolongarase todo o dia.
Pregamos precaución nas estradas coa choiva intensa e o granizo, que pode provocar balsas de auga ou falta de adherencia, tamen pregamos coidado nas casas co aparato eléctrico; polos danos que pode provocar nos nosos electrodomésticos, e tamen pregamos en casos de tronada evitar espazos abertos no exterior e estructuras metálicas que non estean ben illadas.