10-Septiembre-2025 10:07
Este outono a Biblioteca Municipal retoma os seus encontros literarios cunha cita moi especial: a presentación da novela 1140, ópera prima de María José Tardáguila.
DATA: xoves, 2 de outubro
HORA: 20:00 h.
LUGAR: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cutura)
1140 é unha intensa novela histórica que nos transporta ao Camiño de Santiago do século XII, unha época marcada pola espiritualidade e os enigmas. Entre peregrinos, cabaleiros templarios e habitantes da ruta, a obra mergúllanos nun relato cheo de desafíos, perigos e anhelos de redención. A narrativa destaca pola súa ambientación rigorosa e pola capacidade de recrear o ambiente medieval que rodeaba a ruta xacobea.
Máis información no blog da biblioteca: https://bibliotecadebrion.blogspot.com/2025/09/encontros-literarios-presentacion-en.html
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.