Aberta a participación na consulta sobre o V Plan de Igualdade de Brión
O Concello de Brión continúa coa elaboración do
V Plan de Igualdade e anima á veciñanza a
participar activamente neste proceso.
Xa teñen participado numerosas persoas, mais
a consulta continúa aberta para que todas e todos poidan
achegar as súas inquedanzas, propostas e ideas co obxectivo común de construír un
concello máis seguro, libre e igualitario.
As achegas pódense facer de dúas maneiras:
-
A través da Caixa de Correo da Igualdade, situada no Centro Social Polivalente.
-
De forma anónima e online, cubrindo o formulario dispoñible nesta ligazón:
👉 https://forms.gle/bXcioU64JQfJmjGr7
O Concello agradece a colaboración da veciñanza e lembra que
cada opinión conta para seguir avanzando cara á igualdade real en Brión.