01-Diciembre-2025 09:50
𝗠𝘂𝗹𝘁𝗶𝗲𝘃𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗱𝗲𝗽𝗼𝗿𝘁𝗶𝘃𝗼 𝗲𝗻 𝗟𝗼𝘂𝘀𝗮𝗺𝗲: 𝗧𝗿𝗮𝗶𝗹 largo / Trail curto
O Concello de Lousame abre inscricións nun multievento deportivo que terá lugar durante o próximo mes de decembro e que inclúe:
Inscricións: https://www.carreirasgalegas.com/events/multievento-2025-trail-lousame-trail-curto-e-longo/6lZJJbl1
O 𝗧𝗿𝗮𝗶𝗹 𝗱𝗲 𝗟𝗼𝘂𝘀𝗮𝗺𝗲 terá lugar o 𝗱𝗼𝗺𝗶𝗻𝗴𝗼 𝟮𝟴 𝗱𝗲 𝗱𝗲𝗰𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 (non che é inocentada ningunha), a partir das 10:00 horas. Haberá 600 prazas: 300 para o longo (25 km / 15€) e 300 para o curto (14 km / 10€). O mesmo trazado do ano pasado, con saída e meta no polideportivo da Silva e unha espectacular subida ao monte Muralla.
Será a primeira vez co noso Trail sexa puntuable no circuíto Galicia Trail Running Series da Federación Galega de Atletismo. É máis, a puntuación que logren nos montes lousamiás será a que peche a clasificación oficial do ano, que é a que se recollerá na Gala anual da FGA.