Ourol Informa
O CONCELLO DE OUROL INFORMA: PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO UNICO POR FILLOS E FILLAS MENORES DE 3 ANOS Persoas beneficiarias:  Persoas con fillas ou fillos menores de 3 anos o 1 de xaneiro de 2018 (nados entre o 2.1.2015 e o 1.1.2018, incluídos) Requisitos:  Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.  Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.  Que durante o ano 2016, nin as persoas solicitantes nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso. Contía da axuda:  Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.  Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.  Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros. Documentación: a. Copia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante. b. Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar (a antigüidade máxima do mesmo será de 6 meses). c. No caso de nulidade, separación ou divorcio copia da sentenza ou da resolución xudicial. d. Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento. e. Anexo II debidamente cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non figure como solicitante e que forme parte da unidade familiar. Prazo de presentación: ata o 21 de marzo de 2018
Servicios Sociales 15-Febrero-2018 10:53