Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante oposición de dúas auxiliares de fogar a xornada parcial (1 ao 75 % (6 horas/día) e 1 ao 62,50 % (5 horas/día))
Tipos de contrato e duración: Contratos de traballo temporal eventual.
Contrato de xornada parcial (75 %) Duración: Do 1 de xuño ao 28 de decembro de 2018
Contrato de xornada parcial (62,50 %) Duración: Do 16 de xullo ao 28 de decembro de 2018
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 7 ao 11 de maio de 2018 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
|
Emprego 04-Mayo-2018 13:32
|