AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL PARA EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA AOS CONSUMIDORES VULNERABLES SEVEROS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL. (Xunta de Galicia)
BENEFICIARIOS:
- Residir na Comunidade Autonóma de Galicia e ter a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social (que se acreditará mediante copia da factura en que figure aplicado o desconto do 40% do bono social para consumidores vulnerables severos) así como cun informe emitido polos servizos sociais.
- Ser o titular do contrato da subministración eléctrica
- Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable servero (descontó 40%).
GASTOS SUBVENCIONABLES:
- O 50% do importe das facturas de electricidade que estean pendentes de pagamento na data da solicitude e emitidas antes do 15 de decembro de 2018.
- A contía da subvención será unha cantidade fixa máxima por solicitante de 250 €/ano, ou de 400 €/ano no caso de familias numerosas.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Ata o 15 de decembro de 2018
Para máis información e/ou presentación de solicitudes pode dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamar ó 982559109.
|
Servicios Sociales 05-Julio-2018 10:01
|