A Xunta de Goberno Local do Concello, adxudicou as obras dunha nova instalación eléctrica no centro social de Merille por case 7.000,00€. Esta mellora, únese a outras que se levaron a cabo nos últimos meses, como foron a substitución completa da cuberta, a reforma dos aseos, a colocación dunha fosa séptica e, a eliminación de parte do talude traseiro do edificio, por importe de case 90.000,00€.
Con esta inversión esperase mellorar a rede eléctrica do centro, dentro da aposta clara de que os centros públicos do Concello, teñan unhas instalacións dignas. A Corporación municipal, continuará, de esta maneira, co seu plan de mellora dos barrios e das infraestruturas, atendendo as necesidades, que lles transmiten os veciños e veciñas.
Archivos adjuntos: |
Info General 01-Abril-2019 20:02
|