As contas de pago básicas permiten realizar servizos bancarios como ter domiciliada a nómina, dispoñer dunha tarxeta de débito, realizar retiradas de efectivo en caixeiros e transferencias dentro da Unión Europea.
O custo máximo desta conta non poderá ser maior de tres euros ao mes, e cubre todos os servizos, cun límite para transferencias e domiciliacións de 120 operacións anuais.
Requisitos económicos:
a) Non superar os seguintes límites de ingresos económicos brutos, computados anualmente e por unidade familiar
Dúas veces o IPREM de doce pagas, vixente no momento de efectuar a solicitude cando se trate de persoas non integradas en ningunha unidade familiar.
Dúas veces e media o IPREM cando se trate de persoas integradas nalgunha das modalidades de unidade familiar con menos de catro membros.
O triplo do IPREM cando se trate de unidades familiares integradas por catro ou máis membros ou que teñan recoñecida a súa condición de familia numerosa de acordo coa normativa vixente.
O triplo do IPREM cando se trate de unidades familiares con unha persoa con recoñecemento de grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.
|
Info General 04-Abril-2019 09:15
|