O Concello de Ourol tras executar as obras de ampliación da rede municipal de distribución de auga da parroquia de Xerdiz (núcleos de: Os Currás, Rexulfe, A Revolta, Vilacimas, O Loureiro, As Laxes e Pazos); levou a cabo toda a tramitación para a súa posta en marcha e obtivo todos os permisos sanitarios necesarios (unha vez realizadas as correspondentes inspeccións sanitarias comprobando que se adecua aos criterios sanitarios establecidos no Real Decreto 140/2003 e no Programa de Vixilancia Sanitaria de Augas de Consumo Humano na Comunidade Autónoma Galega), polo que se informa que o Concello de Ourol procederá á posta en funcionamento da ampliación da rede municipal de distribución de auga da parroquia de Xerdiz, aos núcleos de Os Currás, Rexulfe, A Revolta, Vilacimas, Loureiro, As Laxes e Pazos.
Todos aqueles veciños dos núcleos anteriormente referidos que desexen conectarse á nova rede municipal de abastecemento de auga poden realizar a súa solicitude de conexión nas Oficinas do Concello de Ourol.
|
Abastecimientos de agua 15-Mayo-2019 12:25
|