Mañá sábado temos o Trofeo Asturcantabrogalego de Ciclismo en categoría cadete, a proba pasará polas parroquias de Miñotos, Xerdiz, Ourol e Merille, entre as 17:30 e as 18:30. Chegando a Santa Mariña pola 65-2, para logo pillar en Ferreira a 38-1 en dirección Ourol; pasando O Carmen pola variante exterior, seguirán por Belsar en Xerdiz e ata chegar o casco urbano de Ourol, onde se derixirán o cruce coa LU-540, pola que atrevesarán Merille dirección a Landrove.
Nese horario esas estradas estarán cortadas ó tráfico.
Rogamos moita precaución de non ter mascotas ceibas (especialmente cans) ou animais domesticos (ovellas, vacas ou cabalos) que poideran tirar ou lesionar algún deportista.
Así mesmo animamos a todolos veciños a que animen os deportistas a carón da estrada.
|
Protección Civil 07-Junio-2019 16:39
|