ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACIÓN PARA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
O Concello de Ourol, dentro do Programa de Actividades de Sensibilización para a Eliminación da Violencia de Xénero, vai a levar a cabo hoxe pola tarde a represetación teatral "Igual a Nós": Dinamización en Igualdade e Prevención da violencia de xénero. Esta actividade consistirá nunha representación escénica de 30 minutos seguida dun debate-coloquio de 20 minutos aproximados de duración e que finalizará cunha performance contra a violencia machista.
Esta actividade forma parte das diferentes actuacións que a Secretaría Xeral de Igualdade realiza dentro do Acordo de Colaboración asinado coa FEGAMP na Rede de Entidades locais contra a violencia de xénero.
Día: 20 de Novembro
Lugar: Edificio Multiusos
Hora: 17:00 h.
Archivos adjuntos: |
Servicios Sociales 20-Noviembre-2019 10:09
|